CARTA DE SERVIZOS

Empresa Seoane, S.L. somos unha empresa familiar dedicada ao transporte de viaxeiros desde 1904, cando o patriarca Manolito creou as bases do que hoxe constitúe a nosa empresa.
Con gran entrega ao traballo, desde ahí máis du século, ofrecemos aos nosos clientes autocares e microbuses de gran calidade, así como un equipo humano composto por homes e mulleres altamente cualificados dispostos a cubrir as necesidades requeridas polos nosos clientes.
Nesta Carta de Servizos, vostede, como cliente, poderá atopar o noso compromiso coa calidade na concesión administrativa V-7077;XG-451 (transporte interurbano) e a nosa vontade de mellorar día a día.

Esta Carta de Servizos é o Compromiso Voluntario de EMPRESA SEOANE, S.L. pola mellora da súa calidade. É un compromiso bilateral de confianza entre a empresa operadora e as personas usuarias do servizo.


Comprometémonos a…………..

Invertir na Mellora da calidade do servizo ofrecido
• Coa formación do persoal
• Coa mellora de procesos e procedementos
• Con estudios de expectativas e satisfacción
• Con innovación

Realizar unha xestión sostible e responsable
• Con prácticas seguras para as persoas (clientes e traballadores)
• Con melloras ambientáis
• Con melloras de mobilidade

Medir regularmente o cumplimento das nosas obrigas
• Con autorías internas e externas de observadores independientes


En definitiva, apostar pola mellora continua do servizo.

política de calidad

EMPRESA SEOANE S.L. somos unha empresa familiar dedicada ao transporte de viaxeiros desde 1904, cando o patriarca Manolito creou as bases do que hoxe constitúe a nosa empresa.

En EMPRESA SEOANE S.L. entendemos a Calidade como o instrumento de xestión mediante o cal se planifican e desenvolven todas as nosas actividades, de maneira que se consiga o cumprimento dos requisitos legais establecidos e das especificacións dos nosos servizos, á vez que se obtén a satisfacción dos nosos Clientes e Usuarios.

Todo empregado de EMPRESA SEOANE S.L., desde a dirección ata o de máis recente ingreso, ten que ter en mente a orientación ao cliente, converténdoa nunha meta común e no eixo fundamental da organización, que nos permita coñecer as necesidades, queixas, suxestións e desexos dos nosos clientes e satisfacelas plenamente.

É por elo que en EMPRESA SEOANE S.L. optamos pola adopción dun modelo de xestión segundo as normas UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE-EN 13816:2003, e a implantación dunha Política de Calidade, que se sustente nas seguintes premisas, que son á vez o marco de referencia para o establecemento dos nosos obxectivos e metas:
• Involucrar ao noso persoal, mediante a formación e información e coas súas aportacións, na consecución da Mellora Continua que perseguimos para a realización dos servizos de transporte.
• Compromiso de cumprir cos requisitos e de mellorar continuamente a eficacia do sistema de xestión de calidade, sempre en busca da plena satisfacción dos nosos clientes.
• O uso de vehículos de alta gama que permitan asegurar o cumprimento da normativa en materia de seguridade e ambiental.
• Coñecer e satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos clientes, así como os requisitos legais e regulamentarios que resulten de aplicación en cada caso.

A Dirección de EMPRESA SEOANE S.L. coa implantación da norma UNE-EN 13816:2003 na súa concesión administrativa de transporte regular, concretou a súa vontade permanente de mellora nun compromiso cos nosos clientes, que nos esixe asumir uns niveis de calidade de servicio óptimos e permanentes, de acordo cos requisitos da Norma que nos obrigamos a cumplir:
1. Servicio ofertado.
2. Accesibilidade.
3. Información.
4. Tempo.
5. Atención ao cliente.
6. Confort.
7. Seguridade.
8. Impacto ambiental.

Todo elo debe repercutir en conseguir a confianza dos nosos clientes: boa imaxe, fidelización e control de gasto.

Por todo eso, a Dirección comprométese a mellorar continuamente a eficacia do Sistema de Xestión de Calidade mediante revisións do sistema e mediante o establecemento e seguimento de obxectivos e metas de calidade.

Esta Política de Calidade é entendida, implantada e mantida ao día en todos os niveis da organización e conta co TOTAL COMPROMISO da Dirección de EMPRESA SEOANE S.L., que a establece, desenvolve e aplica.

En Santiago de Compostela, a 30 de Abril de 2009



Asdo.: JESÚS SEOANE
(Xerente)